Novas

Beneficios do leite para a saúde dental

Written by A | Apr 21, 2022 2:27:19 PM

Por norma xeral, tendemos a infravalorar a importancia da saúde bucodental. Existe un descoñecemento bastante grande de todo o que implica non ter unha boa saúde dental. Dende logo, está lonxe de  ser unha cuestión soamente estética.

A importancia dunha boa saúde dental

As enfermidades da boca, afectan a moitos máis órganos e fucinamentos dos que cremos. Unha xenxivite pode afectar ao estómago, á vesícula e mesmo aos riles. Por outra banda, unha caries non descuberta e sen tratar pode producirnos migrañas crónicas ou problemas de espalda.

Unha correcta saúde bucodental susténtase en tres piares básicos:

  1. Educación

Dende cativos, é importante que nos familiaricemos coa necesidade de sermos constantes e escrupulosos no tratamento dos nosos dentes. Sen unha educación que nos xere a conciencia e a necesidade, o único que poderemos facer despois será,poñer parches.

  1. Correctos hábitos de hixiene  

Lavar correctamente os dentes, durante dous ou tres minutos, empregar a seda dental, facerlle visitas ao dentista con regularidade,... son algúns dos hábitos a integrar na nosa cotidianidade.

  1. Unha dieta alimenticia axeitada

Lácteos e derivados, froitas, legumes e verduras son a chave para uns dentes sans. A alimentación e aquelo no que dentistas e nutricionistas insisten máis. Por suposto durante a infancia, xa que o cambio de dentición se produce nunha etapa vital na que se están fixando o calcio e os nutrientes, polo que ten unha implicación demostradamente directa coa futura dentadura.

 

Cales son os beneficios do leite para a saúde dental?

Pois a fundamental é a enorme cantidade de calcio que aportan. Isto tradúcese no fortalecemento da película que protexe e embeleza os detes: o esmalte. O esmalte depende directamente do calcio. A caseína é a responsable do fortalecemento do esmalte e, polo tanto, da boa saúde dental. Evita a aparición de caries, axuda a reforzar o engarzamento da raíz e combate os elementos carcinoxénicos. 

Os dentistas coinciden en que, o leite é a única bebida (agás a auga) que se pode consumir entre comidas sen que afecte negativamente aos dentes.

Xa ves que, para lucir sorriso, hai que beber ben Deleite ;)