O batido é un deses clásicos atemporais que dun xeito ou doutro, dificilmente atoparemos a alguén que non lle guste.
Os batidos tal e coma os coñecemos popularizáronse a finais do século XIX, cando as refrixeradoras e as batedoras eléctricas comezan a empregarse na hostelaría.
En teoría, os primeiros batidos nacen da vontade de facer unha “sopa” ou mezcla nutritiva para bebés ou persoas enfermas, daí a idea de mezclar leite con froita. Mais, coma tantas outras cousas, os norteamericanos converteron a idea orixinal noutra moito máis espectacular, publicitaria e calórica.
Os famosos batidos de películas coma Grease popularizáronse nos Estados Unidos nos anos 20 co nome de ice cream sodas. A diferenza dos batidos orixinais que se facían con leite e leite malteado, nos anos 40,os norteamericanos popularizaron as drugstore. Nestes locáis facíanse dous tipos de batidos:
Nun vaso longo botaban sirope, soda (si, soda) e xelado. Algo que che pode revolver o estómago só de pensalo, foi un éxito de masas por todo o país americano.
Máis semellante ao noso concepto de batido, faise con leite, xelado e sirope e tamén foi moi, moi popular durante varias décadas como acompañamento de calquera xantar, cea ou almorzo.
Estamos xa con ganiñas de bo tempo e, por que non dicilo, de xornada laboral de verán. Mais, mentres non chega, podemos ir facéndonos á idea con este refrixerio saudable e rico a partes iguáis.
Facer un batido saudable non ten ciencia ningunha. Só precisas unha máquina de batir, algo de froita madura e un leite dixestivo e saboroso coma o Deleite.
Unha mistura que nos gusta moito é a de amorodo, leite e menta:
Cendo teñas todo isto, só tes que batir a velocidade alta a froita e o leite, coalo para que non lle queden restos e sementes e servilo ben frío nun vaso alto ou onde máis che guste. Antes de tomalo, “aplaude” as follas de menta e colócaas por enriba. Verás que ben lle aquela ese toque fresco ao teu batido pre-verán.