Novas

Batido tropical de manga e Deleite

Written by A | Aug 25, 2022 9:03:00 AM

Todas e todos asociamos a calor coa diversión, coas vacacións e con estarmos entre amizades. O verán pide receitas fresquiñas e caribeñas, por iso vos traemos esta que, ademáis de ser moi tropical é moi saudable. 

Receita de batido de manga

Este cóctel é ideal para unha sobremesa ou unha merenda. A cor que ten é moi apetecible e quedará xenial en todas as túas publicacións do Instagram.

Este batido é unha bomba vitamínica xa que combina a alta cantidade de vitaminas A e C da manga coa fonte de vitaminas E e D do leite. Case un abecedario de nutrintes!

Vexamos, entón, como facer a nosa receita de batido tropical.

 

Batido de manga

Ingredientes:

250 ml de Deleite

Unha manga fresca ou conxelada

Imos empregar un plátano en lugar de azucre

Xeo picado

 

Preparación:

  1. Vai engadindo nun vaso de batidora ou licuadora os ingredientes na orde na que aparecen listados agás o xeo.
  2. Pon a licuadora a máxima potencia e bate todo moi ben. Cando teñas unha mistura homoxénea, engade o xeo picado. 
  3. Volve batilo todo de novo e xa terás o teu batido de manga perfecto para tomar ou levar.