Puro Deleite medra coa ‘Anduriña’ de La Casa de los ingleses

A banda de pop La Casa de los ingleses (@lacasadelosingleses) reinterpretan o clásico atemporal Anduriña(1968) do dúo Juan y Junior e convértense no novo integrante de Puro Deleite, a iniciativa na que Deleite reúne artistas e bandas do panorama musical galego co obxectivo de homenaxear aos grandes mitos da nosa música.