Novas

Posts by Deleite Galego:

O Castelo Conta está a chegar

O Castelo Conta está a chegar

A semana do 21 ao 27 de agosto terá lugar en Culleredo unha nova edición do Castelo Conta, a festa pensada polo actor e humorista Xosé Antonio Touriñán, na súa casa, cos seus veciños e veciñas de Castelo.

Dende hai tempo o Castelo Conta é o festival de comedia, cultura rural e tradición oral referente en Galicia. Prográmanse artes escénicas e os mellores monólogos do país nas seis aldeas da parroquia que se enchen durante toda a semana de actividades para os maiores e para os máis cativos. A organización ten moi claros os valores do evento que van dende a tradición oral ata a solidaridade, pasando pola cultura rural, a comedia, o coidado do monte ou a defensa da lingua. Isto todo vese en que o evento é unha iniciativa sen ánimo de lucro que promove a Asociación Culrural Castelo Conta e que pretende ser sostible no tempo evitando depender de grandes recursos económicos.

O festival dará comezo coa programación pensada para os máis pequenos que terá lugar de mañá de luns a venres. Nela podemos atopar teatro infantil, contacontos, concertos, os obradoiros de Noemí Rodríguez ou Xente Miúda (o espazo reservado para a cativada que contará cunha gran variedades de actividades).

O 'Revenidas Miúdo' chega para facer bailar á rapazada

O 'Revenidas Miúdo' chega para facer bailar á rapazada

O vindeiro domingo 16 de xullo terá lugar no Monte do Gozo en Santiago de Compostela o primeiro Revenidas Miúdo. Un festival de día pensado para os máis cativos no que haberá música infantil, talleres, xogos populares e unha chea de sorpresas... Completamente de balde!

‘O libro da rosa’ xa ten gañadores

‘O libro da rosa’ xa ten gañadores

As rosas, dende sempre, foron material literario, e non só para os poetas. Simples e evocadoras, viaxan a través da historia da literatura dende que alguén, pechando os ollos e aspirando o seu recendo, se sentiu impelido a escribir. Inspiración de aromas e inspiración de historias. Con esa premisa, dez autoras e autores de primeira liña da literatura galega que escribiron un relato tomando a rosa como elemento inspirador.

O filme ‘Sica’, última achega de Deleite ao cinema

O filme ‘Sica’, última achega de Deleite ao cinema

O pasado 19 de maio estreábase en 25 cinemas galegos Sica. O filme dirixido por Carla Subirana narra a historia de Sica (Thais García), unha rapaza que está obsesionada con que o mar da Costa da Morte lle devolva o corpo dos seus pais tras un naufraxio. Mentres percorre a costa, coñece a Suso (Marco Antonio Florido), un rapaz raro coma ela que espera a chegada de Ofelia, a nai de todas as tormentas. Sica investiga as circunstancias do accidente e adéntrase nunha dura viaxe de descubrimento. Aos seus ollos, a vila mariñeira onde ela medrou, marcado pola brutalidade do seu océano e o crecente desequilibrio da natureza, endexamais será o mesmo. 

Un ano máis apoiando o Festival de Cans

Un ano máis apoiando o Festival de Cans

Do 16 ao 20 deste mes de maio celébrase a XX Edición do Festival de Cans. Unha cita alternativa e divertida que conta coas mellores curtametraxes galegas e, neste ano, incluso do Reino Unido, Francia ou Israel. E un ano máis, conta co apoio de Deleite.

Festexamos o Día da Poesía

Festexamos o Día da Poesía

Este ano dende Deleite queremos festexar o #DíaDaPoesía dun xeito especial. Para isto non hai mellor maneira que agasallar ás bibliotecas escolares que nolo soliciten con exemplares de dous dos gañadores da última edición do Premio Arume de poesía para a infancia.

Puro Deleite incorpora ‘O Lobo’ de Grampoder

Puro Deleite incorpora ‘O Lobo’ de Grampoder

A banda compostelá Grampoder (@somosgrampoder) reinterpreta O Lobo (1976) de Fuxan Os Ventos e convértese na nova entrega de Puro Deleite, o proxecto no que Deleite Galego reúne artistas e bandas do panorama musical galego co propósito de homenaxear os grandes mitos da nosa música.