Novas

Posts by Deleite Galego:

Os 100 primeiros pares de calcetíns xa teñen gañadores

Os 100 primeiros pares de calcetíns xa teñen gañadores

O sorteo dos calcetíns de Nadal con motivos leiteiros que o ilustrador David Sierra deseñou para Deleite foi un auténtico éxito. Rexistramos milleiros de participacións e agradecemos á #XenteDeleite que sempre participe en todo o que propoñemos nas nosas redes!

Chegan datas sinaladas e queremos que os nosos amigos leven os pés con estilo... Argallamos outro sorteo e regalamos máis? Escríbenos nas redes!



As 
100 primeiras persoas afortunadas son as seguintes (ordenadas de xeito alfabético): 

25N: Por todas e cada unha

25N: Por todas e cada unha

Outro #25N esixindo o que debería ser unha realidade: 𝘂𝗻 𝗺𝘂𝗻𝗱𝗼 𝘀𝗲𝗻 𝘃𝗶𝗼𝗹𝗲𝗻𝗰𝗶𝗮 𝗺𝗮𝗰𝗵𝗶𝘀𝘁𝗮 🟣 Por unha sociedade de mulleres libres e vivas... 𝗣𝗼𝗿 𝘁𝗼𝗱𝗮𝘀 𝗲 𝗰𝗮𝗱𝗮 𝘂𝗻𝗵𝗮

Elixidas as gañadoras do sorteo das mochilas Eferro

Elixidas as gañadoras do sorteo das mochilas Eferro

Hai uns días activamos o sorteo de seis mochilas de pel creadas por Elena Ferro, que causaron furor entre a #XenteDeleite. Recibimosmilleiros participacións e queremos agradecer a todos os seguidores de Deleite que nunca fallen nas actividades e xogos que organizamos nas nosas redes. E tamén queremos dar as grazas á propia Elena Ferro, que sempre se anima a enredarse en todo o que lle propoñemos!

O filme ‘O Corno’ acada números históricos para o cinema galego

O filme ‘O Corno’ acada números históricos para o cinema galego

O drama ‘O corno’, rodado en galego pola donostiarra Jaione Camborda, xa é historia do noso cinema ao acadar o galardón á mellor película na 71ª edición do prestixioso Festival de San Sebastián. E logo de ser estreado nos cines a pasada semana, o filme acumula máis de 20.000 espectadores, o que supón o mellor arranque comercial dun filme en galego na historia.

Fillas de Cassandra súmanse a Puro Deleite

Fillas de Cassandra súmanse a Puro Deleite

Fillas de Cassandra, o dúo formado por Sara Faro e María Pérez, convértese no novo integrante do proxecto Puro Deleite, a iniciativa na que Deleite reúne a bandas e artistas do noso panorama musical co obxectivo de homenaxear aos grandes referentes da historia de Galicia.  


Coñece o nome das persoas que irán ao Revenidas con Deleite

Coñece o nome das persoas que irán ao Revenidas con Deleite

O festival Revenidas ten xa todo listo para encher Vilaxoán de música, mensaxe e identidade, cun formato completamente vinculado ao territorio que foi crecendo nestas vinte edicións.

Nomes de repercusión mundial, como Rodrigo Cuevas ou
Ska-P, unha aposta firme polo talento feminino e galego, tanto emerxente como xa consagrado, forman parte dun cartel con oferta para catro días de música sen parar, de xoves a domingo.

Vilaxoán convértese na capital galega da música. Grupos galegos tan talentosos como Fillas de Cassandra, The Rapants, Familia Caamagno ou Lamatumbá marcan presenza nun festival no que Deleite, un ano máis, non podía faltar no apoio á organización.

Esta última semana puxemos en marcha no noso Instagram (@deleitegalego) un sorteo de dous abonos dobres para asistir ao festival. A participación entre a #XenteDeleite desbordou todas as espectativas, algo que nos enche de ledicia e nos anima a seguir agasallando cultura galega. 

As usuarias que tiveron sorte neste sorteo son: @laurablancomata e @victordemira.

As entradas do Castelo Conta xa teñen nome

As entradas do Castelo Conta xa teñen nome

A semana que vén terá lugar en Culleredo unha nova edición do Castelo Conta, a festa pensada polo actor e humorista Xosé Antonio Touriñán, na súa casa, cos seus veciños e veciñas de Castelo. Un evento incrible que, dende o rural, aposta pola música e a cultura.

O sorteo de 'Hotel Carioca' xa ten gañadores

O sorteo de 'Hotel Carioca' xa ten gañadores

Hotel Carioca é unha novela múltiple editada por Galaxia que, coma unha matrioska, contén outras novelas que van dende unha de formación a outra psicolóxica, pasando mesmo por unha policial. Cun estilo lírico, áxil e envolvente, Antón Riveiro aborda temas como a homosexualidade e a súa aceptación, os coidados, a eutanasia, a emigración, a amizade, a descuberta da sexualidade e, sobre todo, o fantástico e intuitivo mundo da creación artística.