Novas

As entradas do Hematofesti xa teñen nome

Written by Deleite Galego | Nov 5, 2024 6:50:03 PM

Esta semana ten lugar en Vigo o Hematofesti. Un festival que vive a súa primeira edición coa intención de homenaxear a Miguel Ángel López González, máis coñecido como o Hematocrítico, e que conta con todo o apoio de Deleite Galego.


Hematocrítico converteuse nunha figura central en redes sen ningunha pretensión, alén de facer rir. Esta iniciativa ten como principal obxectivo render un cálido e merecido tributo ao seu imprescindible legado como escritor, mestre, tuiteiro, comunicador e autor de blogs humorísticos, resaltando a importancia do seu traballo no ámbito da literatura infantil e do entretemento.

O festival terá lugar en diferentes localizacións ao longo de toda a cidade, entre as que atopamos: o Auditorio Municipal, o museo MARCO, o espazo didáctico anexo a MARCO, a sede da Deputación de Pontevedra, o Teatro Salesianos, o Auditorio Mar de Vigo, a libraría Espazo Lector NOBEL Calvario, a libraría Cartabón, a libraría Libros para Soñar, a libraría Librouro, a Galería Maraca, Évame-Oroza e o Ocean Rock Bar.

Estes días estivemos sorteando nas nosas redes entradas para o festival e queremos agradecer a toda a #XenteDeleite que participou. Regalamos dez entradas dobres e as afortunadas son: Aurora Rivas Sio, Iris Perez Insuela e Patricia Felpete López, que participaron en Facebook. @AFBPatos, @anasoutofraga e @reyesriveiro, que concursaron en Twitter. E @laumoralejo, @noeminad86, @rita.doallo e @tarajrelos, que xogaron con nós en Instagram.

As persoas gañadoras deberán poñerse en contacto connosco por mensaxe privada nas redes sociais para facilitarnos os seguintes datos: nome completo das dúas persoas que asistirán ao concerto, DNI, e-mail e número de teléfono.

Moitas grazas a todos os que participastes no sorteo e lembrade que, se non tivestes sorte desta volta, pronto teremos novos xogos e premios!