Novas

As entradas do Castelo Conta xa teñen nome

Written by Deleite Galego | Aug 19, 2023 5:53:48 PM

A semana que vén terá lugar en Culleredo unha nova edición do Castelo Conta, a festa pensada polo actor e humorista Xosé Antonio Touriñán, na súa casa, cos seus veciños e veciñas de Castelo. Un evento incrible que, dende o rural, aposta pola música e a cultura.


Estes días estivemos sorteando nas nosas redes entradas para o concerto triplo do venres 25, onde actuarán o Combo Viramundo de Xoel López, os ourensáns Lamatumbá e o sempre divertido Muchachito Bombo Inferno.

Agradecemos a toda a #XenteDeleite que participou no sorteo e anunciamos que as cinco persoas afortunadas cunha entrada dobre cada unha son: Kenia Valle Prado, que participou en Facebook. @patryaviatours@JacoboV9, que concursaron en Twitter. E @silviafarinalores e @anxoverdillo, que xogaron con nós en Instagram.

As persoas gañadoras deberán poñerse en contacto connosco por mensaxe privada nas redes sociais para facilitarnos seguintes datos: nome completo das dúas persoas que asistirán ao concerto, DNI e número de teléfono.

Moitas grazas a todos os que participastes no sorteo e lembrade que, se non tivestes sorte desta volta, pronto teremos novos xogos e premios!