Estes días estivemos sorteando nas nosas redes entradas para o concerto triplo do venres 25, onde actuarán o Combo Viramundo de Xoel López, os ourensáns Lamatumbá e o sempre divertido Muchachito Bombo Inferno.
Agradecemos a toda a #XenteDeleite que participou no sorteo e anunciamos que as cinco persoas afortunadas cunha entrada dobre cada unha son: Kenia Valle Prado, que participou en Facebook. @patryaviatours e @JacoboV9, que concursaron en Twitter. E @silviafarinalores e @anxoverdillo, que xogaron con nós en Instagram.
As persoas gañadoras deberán poñerse en contacto connosco por mensaxe privada nas redes sociais para facilitarnos seguintes datos: nome completo das dúas persoas que asistirán ao concerto, DNI e número de teléfono.
Moitas grazas a todos os que participastes no sorteo e lembrade que, se non tivestes sorte desta volta, pronto teremos novos xogos e premios!