Novas

Arranca o Festival de Pardiñas

Esta fin de semana celébrase en Guitiriz a cuadraxésima terceira edición do Festival de Pardiñas. Esta feira e festa da música e das artes, que naceu no ano 1980 da man da asociación cultural Os Xermolos, contará outro ano máis co apoio de Deleite.

1 (1)-2

Dará comezo este venres 5 de agosto ás 20:30h co xa coñecido “Certame de cantos de taberna”.

O segundo día iniciarase cun aberto de billarda ás 16h. Unha hora despois, terán lugar as mostras de artesanía e de instrumentos de música tradicional e o pregón do festival (que este ano corre a cargo de Xerardo Fernández Santomé). Dende esa hora, coa correspondente pausa para a celebración da habitual carreira popular ás 19h, o público poderá gozar do espectáculo dos gaiteiros Xirifeiros e de bandas como Comando Curuxás, Fourth Moon, No Reply e Ruxe Ruxe. 

O último día desta festa da música e das artes comezará as 11:30h da mañá coas mostras de artesanía e de instrumentos tradicionais. Posteriormente, Oli Xiraldez impartirá un obradoiro de Treboada e terá lugar a sesión vermú amenizada por Rabeira. En horario vespertino, as actividades comezarán co espectáculo de Abracádaver para os máis cativos. Ás 19h, o encargado do segundo pregón será o filólogo e escritor Sechu Sende. Ao longo do día pasarán polo escenario desta corenta e tres edición as pandereteiras Ultreia e grupos e artistas como Carapaus, Xabi Aburruzaga, Tandub e Os Festicultores.    

Longa vida ao Festival de Partiñas!