Non existe un só modelo de almorzo saudable. Polo contrario, as posibilidades son xigantes!
Un bo almorzo, ademáis de ser beneficioso para a nosa saúde física, tamén o é para a mental.
Adicar un tempo pola mañá a coidarnos danos o pulo que precisamos para levar a mañá de maneira máis equilibrada: mellora a nosa capacidade cognitiva e estamos de mellor humor.
Pois hoxe imos facer dúas propostas, unha doce e unha salgada.
Ademáis de quedarche unha foto para o Instagram que rite ti de Dulceida, este almorzo é redondo: fibra, proteína, enerxía e leite A2. What else?
É un almorzo óptimo para as que dicimos que non almorzamos sólido porque "non nos entra" pola mañá. Podes mesmo deixalo feito do día anterior na neveira e, se non conseguiches sentar un bocadiño antes de saír para a aula ou a traballar, levalo para o camiño ou o descanso da media mañá.
A receita é do máis doado que hai e o mellor é que non precisa azucre nin edulcorante ningún. A breva galega é moi doce e a banana tamén.
Ingredientes:
4 figos
1 banana
300 ml de leite A2 desnatado
Canela se queres
Ben, pois o proceso é doado: vaso de batidora, batidora, toma de corrente para enchufar e a triturar! Despois podes coalo para que non che queden as sementes do figo e a desfrutar.
Estás adestrando? Segues unha dieta con proteína polo motivo que sexa? O teu é un vaso de leite e unha tostada para mollar!
O pan integral e o leite teñen unha enorme capacidade saciante que nos manterá sen sensación de fame toda a mañá.
Xa vedes que é doado facer un almorzo saudable, de comida real e sen magufadas nin dietas restrictivas.
Contádenos como vos quedou e se vos resultou útil este post!