Novas

A ‘EferroFoliada’ está de volta

Foliada Eferro Eferrofoliada Deleite Galego

Este sábado temos unha cita das importantes. A zoqueira Elena Ferro festexa unha foliada no seu obradoiro e, en Deleite, non podiamos faltar.

A festa terá lugar en Merza, en Vila de Cruces, será a terceira edición dunha foliada que contará con numerosas convidadas. O evento dará comezo ás 12.30 h con As Fabulosas, ás que lles segue, ás 13.30 h, a actuación en acústico de Fillas de Cassandra. Ás 16.00 h, a propia Elena Ferro conversará cos nenos, que recibirán de forma gratuíta o libro Eu son zoqueira. Ás 17.30 h intervirá Regueifa Lupe e Caruncho. Logo chegará o espectáculo teatral de As Rumorosas, volverán As Fabulosas, teremos unha sorpresa cultural, e o fin de festa virá da man de Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre ás 21.00 h e Vos Carunchos, ás 23.00 h.

Unha xornada moi especial que agardamos que sexa un novo un éxito e que poidamos seguir acudindo durante moitos anos!

Eferro Deleite Eferrofoliada 2024