Un ano máis Deleite Galego súmase ás reivindicacións do Día Internacional da Muller. Un 8 de marzo no que se celebran os dereitos conquistados polas mulleres en todos os ámbitos e se conmemora a longa historia de loitas e sacrificios para acadalos.
Na actualidade, durante esta xornada, organízanse marchas e manifestacións en todo o mundo para denunciar que aínda queda unha ampla senda por percorrer ata chegar ao tan ansiado empoderamento completo das mulleres no marco da sociedade. Por este motivo, dende Deleite unímonos a todas estas proclamas baixo o lema “Moito por camiñar”, que ten como obxectivo mostrar que aínda son moitas as loitas e reivindicacións a facer para chegar a esta igualdade real e efectiva entre homes e mulleres.
Este mércores a cidadanía está chamada a saír á rúa ás 20:00 horas para participar nas diferentes manifestacións e mobilizacións que terán lugar ao longo da xeografía galega.
Pasiño a pasiño... Pola igualdade real! 💜💪