Novas

O EmigraSON volve demostrar que a música galega non entende de fronteiras

O EmigraSON volve demostrar que a música galega non entende de fronteiras

O Festival EmigraSON celebrou a súa terceira edición a pasada fin de semana na sala La Madeleine de Bruxelas, consolidándose como un referente na difusión da música e cultura galegas no corazón de Europa. Organizado pola mocidade galega emigrada en Bélxica, o evento reuniu a máis de mil asistentes de diversas idades e nacionalidades, destacando a presenza de galegos procedentes de máis de quince países.

Coñecemos os afortunados no sorteo dos 25 libros

Coñecemos os afortunados no sorteo dos 25 libros

Hai uns días, desde as contas oficiais de Deleite, activamos un súper-sorteo de 25 libros ilustrados en galego para os máis cativos. Sorteamos cinco exemplares de cada un destes marabillosos libros: de ‘𝑺𝒆𝒕𝒆 𝒅𝒆𝒏𝒕𝒆𝒔 𝒅𝒆 𝒍𝒆𝒐́𝒏’ de Ledicia Costas con ilustracións de David Sierra (Editorial Xerais), ‘𝑿𝒖𝒍𝒊𝒂 𝒆 𝒂𝒔 𝒄𝒐́𝒙𝒆𝒈𝒂𝒔 𝒅𝒂𝒔 𝒏𝒖𝒃𝒆𝒔’ de Diego Giráldez con ilustracións de Meli Molita (Aira Editorial), ‘𝑩𝒂𝒓𝒃𝒂𝒗𝒐𝒂’ de O Hematocrito con ilustracións de Eugenia Ábaldos (Nórdica Libros), ‘𝑷𝒂𝒑𝒐́𝒏𝒔’ de Sandra Lodi (Editorial Galaxia) e ‘𝑩𝒊𝒎, 𝑩𝒂𝒎, 𝑩𝒖𝒎’ de María Girón (Kalandraka).


Recibimos moitísimas participacións, algo que agradecemos nos enche de forza seguir agasallando máis ‘deleituras’ á #XenteDeleite en proximamente. A continuación deixámosvos co nome das persoas afortunadas no sorteo de cada libro:

▪︎
‘Sete dentes de león’ de Ledicia Costas con ilustracións de David Sierra (Editorial Xerais):

Esther Vence Carreira e Vanesa Barreiro Vilariño gañaron en Facebook, @marpoluc e @ogranbuu en Instagram e @Ccanhedo en X (Twitter).

Deleite coa nosa música tamén fóra de Galicia

Deleite coa nosa música tamén fóra de Galicia

Para Deleite Galego a cultura galega non entende de fronteiras e un ano máis volverá ser patrocinador do festival galego no estranxeiro: o EmigraSON de Bruxelas.


O EmigraSON é o primeiro festival galego feito por e para a mocidade emigrante en Bruxelas. A iniciativa, organizada polas galegas afincadas na cidade belga, busca levar a música, cultura, tradición e vangarda á capital europea. E é que cando se xuntan os galegos fóra da casa, non tardan moito en argallar unha boa festa.

Na súa primeira edición, Galicia reivindicouse enchendo o corazón da Unión Europea de música galega. Familia Caamagno, The Rapants, Fillas de Cassandra, Berto e Filloas foron os encargados de representar a nosa música. Na edición do ano pasado, Catuxa Salom, Ataque Escampe, Lontreira, Grande Amore e The Rapants puxeron a bailar aos máis de 800 asistentes, entre os que se atopaban dous seguidores da #XenteDeleite que gañaron o sorteo da viaxe para vivir o festival ao vivo.


Rock, garage, percusión, indie e pop urbano. Mais tamén folclore, xa que o festival conta cunha xornada dedicada á música tradicional galega e unha sesión de música e oralidade.

Detrás deste proxecto están rapaces que por traballo marcharon de Galicia, pero que pola súa paixón pola música galega se uniron para proxectar o EmigraSON. Buscan achegar Galicia á súa cidade e crear un lugar de encontro para a mocidade galega no estranxeiro, unha iniciativa que xurdiu de forma autoxestionada e sen ánimo de lucro.


Para a súa terceira edición, que terá lugar os días 21 e 22 de febreiro, o EmigraSON volve contar co apoio de Deleite. Tanxugueiras, Fillas de Cassandra, Terbutalina e De Ningures compoñen un cartel de luxo para este 2025.

De Vacas trae a panxoliña de Nadal de Deleite

De Vacas trae a panxoliña de Nadal de Deleite


A nosa tradicional panxoliña de Nadal chega este ano da man de De Vacas, tomando a testemuña de Sés, Caamaño&Ameixeiras e Xabier Díaz, que asinaron as dos últimos anos. Unha canción fermosa que versiona e leva ao galego o clásico 'All I Want for Christmas Is You' . Agardamos que vos guste!


Letra:
"Non quero moito para o Nadal...
Só unha cousa desexo
Estar coas miñas vaquiñas
Festexando no cortello

Cantemos esta canción
Coa boca chea de turrón
E que medre o cú
Todo o que eu quero é 'salú' e leite
Todo o que eu quero é salú e leite"


🎥 O vídeo foi dirixido e filmado por Pablo Fontenla en Santiago de Compostela en decembro de 2024.