Blogue

Deleite no Castelo Conta

Written by A | 27/08/2022 12:13 AM

Dende o pasado día 22 e ata o vindeiro 28 deste mes de agosto estase a celebrar en Castelo (Culleredo) unha nova edición do Castelo Conta, respaldado un ano máis por Deleite.

Esta sétima edición ten máis actividades e espectáculos programados ca nunca. A tradición oral, a comedia e a cultura son as grandes protagonistas dun festival que conta cunha programación destinada tamén aos máis pequenos.

A parroquia de Culleredo onde naceu o cómico e director do festival Xosé Antonio Touriñán alberga durante toda a semana as actuacións de artistas coma Sés, Guadi Galego ou Moura. Ademais, conta co espectáculo “Somos Criminais” e cunha noite de monólogos con cómicos da talla de Javier Veiga, Oswaldo Digón, David Amor ou David Perdomo.

Esta festa da cultura galega chegará ao seu fin o vindeiro domingo cunha sesión vermú na que o mestre de cerimonias será o histórico músico popular Sito Sedes.

Longa vida ao Castelo Conta!